|
|
Taboleiro de Anuncios |
|
|
|
|
|
|
- |
NIF:G36691855 |
|
Estimado
Socio/a:
A Xunta Directiva da A.V.C.R. San Mamede de Zamáns,
mediante a presente, convócalle á ASEMBLEA
XERAL ORDINARIA, que se celebrará o vindeiro venres día 9 de marzo de 2012, no auditorio do Centro Cultural ás 20:00h en segunda convocatoria, para
tratar os seguintes puntos na ORDE DO DÍA:
1.- Lectura e aprobación se procede
da acta da asemblea anterior.
2.- Relación de altas
e baixas de socios.
3.-Contas do ano
2011.
4.- Pregos e
preguntas.
Recordámoslle que é obriga de todos
os socios/as asistir ás reunións convocadas de forma axeitada pola Xunta Directiva.
No caso de non ser posible a asistencia do socio/a titular á asemblea, éste
pode delegar noutra persoa da súa familia, maior de 18 anos. O nome desta
farase constar nesta carta, e será presentada á Xunta Directiva ó comezo da
asemblea.
Socio:
D.N.I.:
Persoa en que delega :
D.N.I.:
Firma do socio/a titular:
Zamáns, 25 de febreiro de 2012.
_____________________________________________________
RECIBOS
DOS SOCIOS.
O período de pago está comprendido entre o 1 de
xaneiro e o 31 de marzo, debendo abonar 35 os recibos familiares e 25 os
unifamiliares, tal e como se acordou na Asemblea do 12 de marzo de 2010. O pago
pódese efectuar no centro ou en calquera oficina de Caixanova na conta 2080-5082-31-3040004241.